10/09/2022. ANDAINA SOLIDARIA POLO ALZHÉIMER

 

Neste ano 2022 retomamos a Andaina Solidaria como acto principal da campaña. Un encontro interxeneracional no que participan familias, nenos e nenas, persoas coidadoras, traballadoras e poboación en xeral no que se comparten experiencias recorrendo o último tramo do Camiño de Santiago pasando pola Praza do Obradoiro e rematando no parque de Bonaval, xunto a árbore da Memoria, espazo inaugurado no parque de Bonaval no ano 2016.

O obxectivo que ten a Andaina e sensibilizar e visibilizar a enfermidade de Alzhéimer.

A andaina remata cunha coida para as persoas participantes, familias e asociacións.

CANDO?

O 10 de setembro do 2022 ás 10:00h.

ONDE?

Saída Monte do Gozo- Praza do Obradoiro – Parque de Bonaval.

DESENVOLVEMENTO 

10:00h – Recollida de acreditacións. Monte do Gozo (cerca da capela).

10:30h – Inauguración andaina (autoridades, prensa e presidencia).

11:00h – Comezo da andaina.

12:00h – Chegada a Praza do Obradoiro- Recepción alcalde Santiago.

12:30h – Saída da Praza do Obradoiro ata o Parque e Bonaval (árbore da memoria)

13:00h- Acto árbore da memoria.

14:00h – Xantar.

Scroll al inicio