Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller. Neste día seleccionado pola Organización das Nacións Unidas (ONU), sirve para visibilizar un problema que radica no máis profundo da nosa sociedade, e que non é un problema exclusivo de quen o sufre, senón de tod@s. As violencias contra as mulleres, son múltiples e derivan nun grave problema social no que todas as persoas, homes ou mulleres nos debemos involucrar para poder erradicalo. Tamén os poderes públicos deben estar profundamente implicados na prevención da violencia, e atención e protección de todas as mulleres vítimas dalgún tipo de violencia.
As violencias exercidas contra as mulleres polo simple feito de selo, constitúen unha violación dos dereitos humanos moi extendidas, estables e asoladoras moi arraigadas socialmente debido ás relacións de poder. O dominio que algúns homes exercen sobre as mulleres produce unha situación de desigualdade en todos os ámbitos da vida das mulleres fronte á dos homes, situándoas en clara desvantaxe, discriminación e vulnerabilidade.
Afachantada está moi comprometida coa erradicación de calquer tipo de violencia que se exerza contra as mulleres e @s seus fill@s, por isto, dende a nosa entidade posicionámonos sempre a favor das vítimas de violencia machista e condenamos de forma pública a gravedade da situación que, todavía, seguen a sufrir moitas mulleres ó redor do mundo. A gravidade desta situación merece que lle demos a importancia que ten dende todo o tecido social.
Dende a nosa asociación ofrecemos todo o noso apoio e comprensión ás mulleres vítimas de violencia e prestamos os nosos servizos para todas as mulleres que o requiran. Na nosa entidade atoparán un lugar onde non serán xuzgadas, e serán acompañadas durante o proceso de toma de decisións.
Tod@s as persoas debemos denunciar os casos dos que se teñan constancia, xa que o silencio fomenta a impunidade e a reiteración do delito. Deste xeito, se tes coñecemento dun delito desta magnitude, non o dubides. ¡Actúa!
#Chantadacobenquerer #25novembro #DíaInternacionalparaaEliminacióndaViolenciacontraaMuller