Na actualidade, en España existe 1.200.000 persoas diagnosticadas con algún tipo de demencia, unha cifra que segundo un estudo do Instituto de Métricas e Avaliación de Saúde prevé que aumente de forma «extraordinaria» chegando a triplicarse no ano 2050, podendo chegar á escalofriante cifra (estimada) de 3.600.000 persoas que padecerán a enfermidade no Estado Español, o que suporía un aumento da enfermidade do 66%.
Dende a Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) e a federación Alzheimer´s Disease Internacional (ADI), advirten que resulta bastante probable que a verdadeira magnitude do problema sexa subestimado xa que moitos países aínda posúen unha baixa taxa de diagnóstico da enfermidade.
Segundo a Directora Xeral da ADI, Paola Barbarino: «Os expertos en demencia a nivel mundial demostraron que estamos camiño dun extraordinario aumento da prevalencia nos próximos anos. Sabemos que calquera outra enfermidade, da que se pronosticara un aumento do 66% en menos de 30 anos tería, sen dúbida, a atención do goberno».
Dende CEAFA subliñan que segundo as persoas que padecen a enfermidade, no Estado Español, o apoio que se produce tra-lo diagnóstico é moi deficiente.