Gustaríache contribuir coa mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias, así como da poboación maior de 65 anos do rural?
Faite soci@ da nosa entidade para axudarnos a desenvolver proxectos e actividades destinadas a conseguir unha mellora na calidade de vida das persoas que conforman esta poboación.
Por unha cota mínima de 30€ o ano(deducibles na Declaración da Renda), estarás axudando tanto á poboación á que se dirixen os servizos, ás súas familias como a todo o conxunto da sociedade en xeral.
Tamén podes realizar unha aportación económica puntual. Para isto, deberá facer un ingreso ou transferencia bancaria coa seguinte información:
- Nº conta: BANCO SANTANDER: ES4502388237590605014517.
- Concepto: Donativo + Nome + DNI.
Recorda que podes desgravar a túa achega ata un 80% se a túa doazón é de ata 150€, e un 35% de todo o que supere esa cantidade (que pasa a ser o 40% a partir do terceiro ano).
A túa colaboración é esencial.