PRESENTÁMOSVOS O NOVO SERVIZO DE AFACHANTADA: O CENTRO DE DÍA MARITA OTERO
O noso obxectivo é prestar unha serie de coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico ou social a persoas maiores con perda da súa autonomía física ou psíquica e a os/as seus/súas familiares.
No Centro de día Marita Otero contamos con diversos profesionais:
- Traballadora social
- Psicóloga sanitaria
- Terapeuta ocupacional
- Auxiliar de enfermería
- Coidadoras/es
- Condutor
Ademais, aquí poderás atopar as seguintes prestacións:
- Servizos de valoración, seguimento e avaliación
- Apoio nas actividades da vida diaria
- Xestión da roupa
- Atención sanitaria preventiva
- Rehabilitación menor
- Terapia ocupacional e animación sociocultural
- Ocio e tempo libre
- Estimulación cognitiva
- Atención psicolóxica a persoas usuarias e familiares
- Manutención e dietas
- Transporte adaptado
Atópanos na Rúa Ribeira Sacra, baixo s/n ou contáctanos a través do noso teléfono: 982 83 13 55, ou do noso e-mail: centrodedia.afachantada@gmail.com!