Gabinete de Apoio á Muller Coidadora

Afachantada, está a desenvolver un programa destinado ás mulleres coidadoras que queiran recibir información, orientación ou asesoramento sobre cuestións relativas o ámbito laboral (Programas e portais de emprego, empresas de traballo temporal, etc.). Dispoñemos tamén dun servizo de psicoloxía individual no cal se atenderá con cita previa, ás mulleres coidadoras que o necesiten, no cal se lles proporcionarán estratexias de xestión das emocións, etc., así como un servizo de mediación familiar e intercultural. Ofrecemos tamén, un servizo de Orientación Laboral para todas aquelas mulleres coidadoras, que queiran introducirse por primera vez ou retomar de novo a súa vida laboral e poder levar así, unha vida máis independente. Por último, dispoñemos dun servizo de Acompañamiento e Capacitación laboral co que pretendemos ofrecer o noso apoio no proceso de búsqueda de emprego, así como de mellorar a súa empregabilidade.

O obxectivo principal deste programa é o de favorecer a activación persoal, social e laboral das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, coidadoras de persoas con Alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas.

Scroll al inicio