Este programa, vai dirixido a persoas que estean diagnosticadas de Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas en estadío leve.

Os servizos e actividades que comprende este programa son os seguintes:

  • Servizo de información e asesoramento.
  • Servizo de asistencia nas actividades da vida diaria (AVD´s)
  • Servizo de Terapia Ocupacional
  • Actividades de estimulación cognitiva.
  • Actividades de ocio e tempo libre.
  • Actividades de comunicación.

O programa ten como obxectivo principal potenciar as capacidades e as habilidades cognitivas que aínda son preservadas pola persoa usuaria.

Desenvolveranse en 1 ou 2 sesións de 1 hora no propio domicilio dos/as usuarios/as sendo o horario o seguinte:

  • De LUNS a XOVES de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h (Os mércores, amplíase o horario ata as 19:00h).
  • Venres de 10:00h a 14:00h

As persoas interesadas neste programa, deberán achegar á asociación os seguintes documentos:

  • DNI.
  • INFORME MÉDICO.
  • TARXETA SANITARIA.
  • RECOÑECEMENTO DE DEPENDENCIA OU DISCAPACIDADE (se é o caso).

Para máis información, póñanse en contacto coa asociación onde se lles proporcionará a información precisa.

es_ESSpanish
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar