Servizo destinado a persoas diagnosticadas de Alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas en estadío leve.
Este servizo, ten como principal obxectivo garantir ás persoas usuarias unha atención específica que lles sirva para previr o agravamento do seu grao de dependencia.
As actividades destinadas a este servizo son as que siguen:
- Estimulación Cognitiva.
- Xerontoximnasia.
- Lecer e Tempo Libre.
- Actividades Comunicativas.
O horario deste servizo é:
Martes e Xoves de 16:00h a 18:00h (4 horas semanais).
Os documentos que se deberán achegar son:
- DNI.
- Informe Médico.
- Tarxeta Sanitaria.
- De ser o caso, o Recoñecemento da Dependencia ou o de Discapacidade.