Demencia e alzhéimer

Demencia e alzhéimer son dous termos que a miúdo se confunden, aínda que están estreitamente relacionados, non son exactamente o mesmo. A demencia refírese á perda progresiva e irreversible das capacidades cognitivas, motoras e sociais. Esta perda pode ser causada por diversas razóns, tantas como tipos de demencia existen. O tipo máis común de demencia é o alzhéimer, o que leva á confusión entre os dous termos, pero tamén existen outros tipos como a demencia por Corpos de Lewy, Frontotemporal ou Vascular, que, aínda que son demencias, non están relacionadas co alzhéimer.

É importante destacar que se pode ter demencia sen ter alzhéimer, pero non se pode ter alzhéimer sen ter demencia. O alzhéimer é unha forma específica de demencia, caracterizada pola acumulación de placas de proteína no cerebro e enredos neurofibrilares que causan unha deterioración progresiva das funcións cognitivas.

Enfermidade neurodexenerativa caracterizada clínicamente polo deterioro progresivo de múltiples funcións cognitivas e neuropatolóxicamente pola presenza de ovillos neurofibrilares e placas seniles hipocampo-neocorticales. É a causa máis frecuente de todas as demencias.

Sea pola desconexión das redes neuronais que permiten un normal acceso ao léxico, ou ben pola destrución neuronal en áreas directamente implicadas na linguaxe, danse, primeiro, e de forma cada vez máis frecuente, problemas para evocar a palabra adecuada nas conversas (anomia). A medida que este problema vaise agravando, o discurso vólvese cada vez máis baleiro de contido, ao que se lle suman problemas na comprensión, tanto polo efecto do mal funcionamento da memoria inmediata, que impide reter a información dita un momento antes, pero necesaria para comprender o discurso da outra persoa, como pola propia alteración da complexidade da función linguística.

As funcións executivas son aquelas que compoñen o funcionamento ordenado e efectivo do resto das funcións cognitivas. Tal como expón Elkhonon Goldberg, interveñen coma un director de orquestra, facendo que os distintos procesos cognitivos interveñan de forma axeitada na medida en que son requeridos para a correcta execución dunha actividade. Isto fai que aparezan problemas de planificación (dunha reunión familiar, da organización do día, dunha viaxe…), do razoamento lóxico, da comprensión de sentidos figurados, ironía…

A agnosia defínese coma una alteración do recoñecemento das cousas en ausencia dunha alteración na percepción. Dependendo da vía perceptiva de entrada da información, distínguense varios tipos de agnosia: visual, auditiva, táctil, olfativa ou gustativa.

Unha forma particular de este tipo de trastornos é a anosognosia “ausencia de recoñecemento da enfermidade”. Ten que ver máis coas funcións executivas integradoras e a autopercepción (máis relacionadas coas funcións executivas) e é algo que, máis cedo ou máis tarde, faise evidente nas persoas con enfermidade de Alzheimer, cando mostran non ser conscientes ou non atribuir a importancia que sería esperable aos seus problemas cognitivos.

Trastorno da execución efectiva de actos motores, voluntarios e ben aprendidos, cunha finalidade ou intención, en ausencia de alteracións físicas que impidan ou dificulten o movemento. Accións coma empregar adecuadamente os cubertos, ferramentas, abrochar botóns, atar cordóns, debuxar, facer xestos comunicativos coas mans… atoparíanse entre os exemplos de actividades cotiás que requiren dunha adecuada capacidade práxica.

As funcións visoespaciais permítennos identificar e localizar no espazo estímulos visuais.  A súa alteración pódese manifestar en forma de dificultade para orientarse no espazo, dificultade para recoñecer e localizar obxetos no espazo, ou erros ao calcular distancias que poden ocasionar caídas, ou accidentes ao conducir vehículos.

Pérdida acusada de motivación e iniciativa para a realización de actividades. Aínda que, en sí mesma, é un síntoma habitual da depresión, nas demencias pode aparecer (e frecuentemente é así) de forma independente. As veces, prodúcese una marcada introversión e tendencia ao illamento en consecuencia da confusión que o enfermo experimenta ante determinadas situacións, o que ó leva a apartarse e non mostrar interese.  É frecuente que a apatía apareza ao inicio do proceso sintomático e perdure, inda que pode fluctuar, ao longo das distintas fases.

Este rasgo é a expresión dun medo anticipatorio a experimentar situacións desagradables, algún dano ou algunha desgraza. A especial dificultade que teñen as persoas con demencia de prever o que sucederá nun futuro, inda que sexa inmediato, deriva a miudo en manifestacións de ansiedade.

Aquelas actividades que o enfermo pode facer sen ningún obxetivo aparente, ou como mostra da incapacidade para regular os seus impulsos; hiperactividade motora (vaciar caixóns ou armarios, cambiar cousas de sitio, realizar unha mesma actividade repetitivamente…), desinhibición (condutas inapropiadas, desinhibición sexual) ou agresividade (verbal ou física).

Reaccións aparentemente desproporcionadas en relación co estímulo que supostamente as provocou, que soe ser unha situación frustrante. Son consecuencia da dificultade de control e xestión dos estímulos e as situacións. Así, pode reaccionar berrando ou chorando ante certos ruidos, ante o desorden, ao atoparse rodeado de moita xente… Ou enfadarse moito cando se atopa en presenza de demandas que exceden as súas capacidades.

Interpretacións erróneas da realidade ou crenzas falsas, que sosteñen a pesar da evidencia e, polo tanto, son difícilmente tratables. A presenza de delirios, a miúdo, conleva una actitude de desconfianza hacia as persoas do seu entorno. Poden estar convencidas de que a súa comida está envelenada, pensar que alguén lles rouba cando non atopan as súas cousas, ou crer que o seu coidador ou calquer familiar próximo está conspirando na súa contra.

A progresión do envellecemento, en sí mesma, conleva cambios nos patróns de sono, sendo máis frecuentes os despertares durante a noite e a madrugada, o cal, a miúdo, conleva somnolencia diurna e necesidade de facer algunha sesta. Este patrón sóese acusar aínda máis nas persoas con enfermidade de Alzheimer. Ademáis, se se erguen ao longo da noite, pode ser que, por desorientación, executen actividades impropias de esa hora: coma vestirse, tratar de saír a rúa ou poñerse a comer.

Demencia vascular

Non é unha única entidade clínica xa que está provocada por múltiples causas, que inclúen lesións cerebrais tanto hemorráxicas (ruptura dun aneurisma) como isquémicas (interrupción da circulación sanguínea), que dan lugar a sintomatoloxías diversas segundo a localización da lesión. Considérase a segunda causa máis común de demencia despois da enfermidade de Alzheimer. Ainda que, como se menciona anteriormente, a sintomatoloxía é moi heteroxénea en función da zona cerebral danada, a continuación expóñense algúns dos síntomas máis comúns na demencia

Demencia frontotemporal

Trátase dun síndrome neurodexenerativo moi amplo. Dentro do mismo pódense encontrar dúas grandes variantes: unha variante condutual, que cursa con trastornos de conduta e unha clara afectación das funcións executivas e unha variante que afecta principalmente ó lenguaxe en estadios iniciais, chamada Afasia progresiva primaria.

Variante condutual da demencia frontotemporal

É a forma máis común de DFT. Denominada tamén Enfermidade de Pick ou dexeneración frontotemporal (denominacións menos frecuentes e en desuso). Adoita afectar a persoas máis mozas (menores de 65 años) en comparación con outros tipos de demencia. As persoas que padecen esta variante adoitan ser mal diagnosticadas con Trastornos Psiquiátricos ou outras Enfermidades Neurolóxicas debido ós cambios na conduta  e na personalidade que se  producen nas fases inicias.

A afectación das funcións executivas (capacidade de planificación, organización, razonamento lóxico, inhibición condutual, toma de decisións e capacidade de xuicio) é a característica principal nos estadios iniciais. A diferenza de outros tipos de demencia, como a Demencia tipo Alzheimer a memoria e as capacidades visoespaciais non adoitan verse demasiado comprometidas ata estadios avanzados da enfermidade.

Corpos de Lewy

A demencia por Corpos de Lewy é tamén coñecida como Enfermidade dos Corpos de Lewy. Caracterízase pola acumulación anormal de depósitos de proteínas denominados corpos de Lewy nas neuronas (células do sistema nervioso) en diferentes zonas do cerebro, relacionadas coa memoria, o pensamento e o control motor.

A continuación, expóñense algúns dos síntomas máis característicos e frecuentes da demencia por Corpos de Lewy, con todo, cada persoa é diferente e pode manifestar os seguintes síntomas en forma de distintas combinacións destes, así como con maior ou menor intensidade.

Demencia e alzhéimer son dous conceptos que adoitan xerar certa confusión, sendo moi habitual que se utilicen como sinónimos e, aínda que xeralmente están moi ligados, non son exactamente o mesmo. A demencia é toda perda progresiva e irreversible das capacidades cognitivas, motoras, sociais… se ben dita perda pode ser provocada por gran variedade de causas, tantas como tipos de demencia existen. O tipo de demencia máis común é o alzhéimer (de aí a confusión co termo de demencia), pero existen outros tipos como a demencia por Corpos de Lewy,  Frontotemporal ou Vascular, que sendo demencias non teñen relación co alzhéimer. Por iso, pódese ter demencia e non ter alzhéimer, pero non se pode ter alzhéimer e non ter demencia.

A pesar de que, dende a primeira descrición da enfermidade, progresouse moito no coñecemento dos cambios cerebrais que se producen nas demencias, actualmente aínda se descoñece o que as provoca. Con todo, cada vez é máis firme a crenza de que non hai unha causa única, se non que é a consecuencia da suma de distintos factores de risco.

Actualmente, segue sen haber un tratamento que frene ou modifique a evolución da enfermidade. Pero que unha enfermidade non teña cura non quere dicir que non teña tratamento. En tódalas demencias existen medicamentos que axudan a paliar os síntomas, contribuíndo a unha mellor calidade de vida das persoas enfermas e dos seus coidadores. Por iso é importante o coñecemento do diagnóstico, así como manter ben informado ó especialista de referencia para que este poida pautar e axustar distintos fármacos e a súa dosificación.

Ahora ben, os coidadores son a “medicina” máis importante que teñen as persoas que sofren esta enfermidade. Por iso, é fundamental que dispoñan de recursos de axuda que faciliten a súa tarefa e que promovan o seu benestar, xa que terá unha repercusión directa na calidade do cuidado.

É habitual que a familia dubide dos beneficios e prexuízos de comunicar o diagnóstico á persoa con demencia. Ante esta cuestión, non existe unha única resposta, xa que cada caso é diferente. A familia debe valorar se o estado psíquico da persoa aínda lle permite recibir ou comprender dita información. Pode ser de gran utilidade averiguar o que sabe sobre a súa enfermidade e o que quere saber. Se a persoa aínda conserva capacidade de raciocinio suficiente, sabelo daralle a posibilidade de planificar o seu futuro e tomar decisións con respecto ó seu cuidado.

A maioría das demencias non son hereditarias, aínda que existen xenes que confiren unha maior probabilidade de padecer a enfermidade, en ningún caso son determinantes. Hai outras variables, relacionadas co estilo de vida, que tieñen un efecto modulador na súa expresión.

Non se pode previr por completo o desarrollo de demencias neurodexenerativas, pero obsérvase que levar un estilo de vida saudable pode reducir o risco. isto inclúe manter unha dieta equilibrada, facer exercicio regularmente, manter unha vida social activa, estimular o cerebro con actividades cognitivamente desafiantes e controlar os factores de risco vascular, como a presión arterial alta e a diabetes.

Sí, existen factores de risco coñecidos, como a idade avanzada, antecedentes familiares de demencia, presenza do xen APOE e historial de lesións cerebrais traumáticas. Ademáis, factores de estilo de vida, como a falta de actividade física, a mala alimentación e o tabaquismo, tamén poden aumentar o risco.

Scroll al inicio