Un ano máis.

O día 21 de setembro conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer, e dende Afachantada queremos agradecer á Xunta directiva, familiares e persoas usuarias que nos acompañaron neste día tan especial para a nosa Asociación.
Tamén a Pilar Álvarez “a nosa Piliña” que nos deleitou cun poema que emocionou a todas as persoas presentes tanto no Parque Eloisa Rivadulla como á tarde no Auditorio Municipal de Chantada.
Sen esquecernos da colaboración do Concello de Chantada e o Servicio de Parques e Xardíns por axudarnos un ano máis no soterramento da “Cápsula da Memoria”.
E por último, agradecer a Carlos Rebolo por esas historias contadas con tanta paixón. Historias que marcaron o corazón das persoas que nos acompañaron.
O día do Alzheimer son os 364 días ó ano
 

 

 
 
 
 
 
 
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio