A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas de Chantada (AFA Chantada), é unha organización de natureza asociativa sen ánimo de lucro, fundada o 21 de novembro de 2004 e cuxa MISIÓN é mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, das súas familias e das persoas coidadoras a través dunha atención integral basada en programas e servizos prestados por un equipo de profesionais multidisciplinar apoiado polos/as propios/as familiares, coidadoras e por persoas voluntarias.

Grazas á mellora que se produciu obtendo un medio de transporte propio, moitas máis persoas anímanse a participar nas nosas actividades. É un vehículo de nove plazas, adaptado para levar a dúas personas en cadeira de rodas. Polas mañás, realízase un servizo de transporte no que nos desplazamos a recoller, tanto no núcleo urbano, como nalgunhas parroquias próximas a Chantada, ás persoas que non teñen un medio de transporte para acudir ós talleres que se imparten no noso local. Para poder beneficiarse deste servizo, as/os usuarias/os deben presentar unha solicitude. Unha vez realizada esta solicitude, realizarase unha valoración de cada caso para determinar se é pertinente o servizo. No caso de que a as persoas sexan susceptibles de ser beneficiarias deste servizo, facilitaráselles o medio de transporte.

Son sobre unhas 80 persoas as que atendemos dende a asociación, ós que hai que sumar ás persoas que participan nos nosos talleres de memoria, que se imparten tamén en varias parroquias. O número de persoas atendidas en algún dos nosos servizos, viuse incrementado nos últimos tempos pre-Covid, grazas en gran medida á adquisición dunha furgoneta. Esta foi adquirida en colaboración co grupo de desenvolvemento local Miño-Ulla e con fondos propios.

Debido á situación sanitaria e a adopción de medidas para loitar contra espallamento do Covid-19, os servizos que se viñan realizando en numerosas parroquias do noso entorno rural víronse moi reducidas. Aínda que todavía se mantén o servizo en algúns concellos rurais como o de Carballedo ou Taboada, o certo é que a situación sanitaria actual, impídenos chegar a todos os puntos onde se precisaría un servizo de atención terapéutica como o que ofrece a nosa entidade. De todos os xeitos, o servizo de Terapia Ocupacional, envía ás parroquias nas que non se está a levar a cabo o servizo de forma presencial, material de traballo para que as persoas que o precisan, poidan seguir realizando actividades de estimulación cognitiva que permitan manter ou potenciar diferentes capacidades que se deben seguir traballando ainda que, polo momento, sexa dun xeito máis autónomo.

Actualmente, no noso local, contamos cunha serie de servizos específicos para o tratamento integral da enfermidade do Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas. A AFA Chantada ofrece servizos profesionais de Psicoloxía, Traballo Social, Terapia Ocupacional, Educación Social, Auxiliar de Enfermería e Coidadoras.

 

A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar