En conmemoración co día mundial do Alzhéimer o mércores 21 de setembro ás 20:00h, no Auditorio Municipal de Chantada estrease «Anacos» unha historia contada por Carlos Rebolo (Contador de historias).

«Anacos.»
Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá. Público a partir dos 13 anos.

Sinopse: As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromando imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.
Autoría: Carlos Rebolo.
Asesoramento externo: José Campanari.
Contador de historias: Carlos Rebolo.
Duración: 50 min.

Contamos coa vosa asistencia!!

«ANACOS» 21 de setembro
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar