Informámoslles que a data 5 de xuño de 2023 se detectou unha brecha de seguridade que afectou ao noso servidor central e ás diversas copias de seguridade.

 

A brecha de seguridade foi producida por un ciberataque que consistiu na encriptación e secuestro da información do servidor central, facendo imposible o acceso ás bases de datos, véndose afectadas as copias de seguridade.

 

Este incidente afectou a todos os datos de carácter persoal que puideran estar baixo a nosa custodia de persoas usuarias, socias, voluntarias e empregadas da Asociación.

 

Dende Afachantada determinamos que a gravidade das consecuencias é alta, xa que podería afectar á perda de control sobre os seus datos persoais, reidentificación non autorizada, perda de confidencialidade de datos afectados por secreto profesional, etc.

 

Tomamos a súa privacidade moi en serio e por iso tomamos todas as medidas que se atopan ao noso alcance para solucionar o incidente e minimizar os posibles danos que eventualmente lle poidan causar. Por isto mesmo, procedemos a intentar recuperar a información encriptada a través dunha empresa informática especializada e estamos restaurando tódolos datos posibles manualmente e a través de copias de seguridade (decembro 2022), pero en ningún caso podemos asegurar a identidade do/s autor/es dos feitos nin a ubicación dos mesmos.

 

De igual xeito, en aras de cumprir co principio de transparencia, comunicamos a brecha de seguridade á Axencia Española de Protección de Datos en data 5 de xuño de 2023, interpuxemos unha denuncia ante a Autoridade Competente e redactamos un informe a nivel interno onde se detalla o proceso de xestión da brecha de seguridade.

 

Se desexa obter más información acerca da xestión do incidente pode contactar con nós.

 

Atentamente,

Afachantada

A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar