O pasado venres 30 de setembro, levouse a cabo unha xornada gastronómica conmemorativa polo día mundial do Alzhéimer celebrado o día 21 de setembro. Neste encontro participaron D. Alfonso Alonso Fachado (Subdirector Xeral de Xestión Asistencial), D. Arturo Parrado Puente (Director Xeral de Inclusión Social), D. Xosé Sanchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela, e a presidenta de FAGAL, Dna. Isabel Gey Pérez e na que tamén participou Afachantada por medio do seu presidente D. Enrique Rojo Rojo.

Esta encontro gastronómico é o resultado da solidariedade de moitas persoas comprometidas con esta enfermidade, coas persoas que o padece, coas súas familias e coas persoas coidadoras. 

Cabe destacar de forma especial a colaboración de Viños Méndez Rojo, Viños Mil Ríos e Viños Vía Romana pola súa doazón de viños tan exquisitos para o evento, a Azafranes POTE que no ano 2018 editou un receitario no que colaboraron 12 mulleres con Alzhéimer. Destacamos tamén a colaboración de Lucía Freitas e Pepe Solla, dous referentes da cociña galega. Ó Mercado de Abastos de Santiago de Compostela por ceder o espazo no que se realizou o evento e a dúas mulleres con demencia que se achegaron ó evento e que demostraron que aínda lles quedan moitas cousas que compartir con todas/os nós. Por último, queremos agradecer a todas as empresas e persoas que colaboran a tantos nivéis (dende investigación ata colaboracións tanto prolongadas como puntuáis) o seu apoio para que as persoas que padecen este tipo de enfermidades neurodexenerativas melloren día a día a súa calidade de vida.

¡MOITAS GRAZAS A TODAS/OS!

«Receitas para o recordo»… E LÉMBRATE DO ALZHÉIMER
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar