A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha a campaña do Día Mundial do Alzhéimer 2022 baixo o lema «…É lembrate do alzhéimer» unha frase que recolle a necesidade de que o urxente non reste tempo nin espazo o importante.

O contexto no que vivimos é unha sociedade cada vez máis frenética, efervescente e rápida na que o exceso de información e os recentes acontecementos fan que deixemos de mirar cara as cousas importantes. Nese tempo que descoidamos de mirar cara o alzhéimer hai unha persoa máis en cada recuncho do mundo tendo o seu primeiro «despiste», olvidando o nome dos seus fillos ou enfrentándose ó diagnóstico. Momentos e persoas que debemos recordar e manter na memoria para que algún día deixemos de dicir que a prevalencia da enfermidade aumenta cada ano.

Ante esta realidade as entidades que traballamos en prol das persoas con alzhéimer e as súas familias podemos facer tres cosas fundamentais, entre outras:

  • Mellorar a súa calidade de vida.
  • Informar e asesorar.
  • Visibilizar e enfermidade  e as demandas do colectivo.

«… É lembrate do alzhéimer»  é unha campaña que pretende sensibilizar ás administración públicas e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse dela. Tela como prioridade sanitaria. Investir, investigar e atuar.

Neste ano 2022 a Federación e as 15 asociación membro desenvolven unha serie de actividades que se recollen a continuación e que van encamiñadas a conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer.

Actividades:

  • 10 de setembro de 2022 ás 10:00h. IV ANDAINA SOLIDARIA.
  • 30 de setembro de 2022 ás 12:00h. EVENTO GASTRONÓMICO: «RECETAS PARA EL RECUERDO»
21 de setembro 2022. Día mundial do alzhéimer.
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar