Dende CEAFA (Confederación Española de Alzhéimer) desenvolverase un proxecto de información e sensibilización sobre a enfermidade do Alzhéimer no medio rural. Este proxecto levarase a cabo grazas á colaboración de Laboratorios CINFA, proporcionando información e formación sobre a enfermidade do Alzhéimer no medio rural. Afachantada tamén participará neste proxecto aportando unha profesional neuropsicóloga que será a encargada de realizar as formacións.

O proxecto persegue os seguintes obxectivos:

  1. Realizar unha exposición sobre a enfermidade do Alzhéimer ás familias que acudan á sesión.
  2. Facilitar a información sobre os recursos e servizos dispoñibles na provincia.
  3. Iniciar relacións e establecer futuras colaboracións entre os concellos e as asociacións.

Os temas a tratar nestas sesións serán os seguintes:

  1. A enfermidade do Alzhéimer.
  2. A persoa enferma de Alzhéimer.
  3. O/a coidador/a principal e a familia.
  4. Recursos legais e sociosanitarios.
  5. Hábitos de vida saudable e factores de risco.

As derradeiras sesións serán desenvoltas en:

  • Auditorio Municipal de Chantada (Praza de Galicia, 1) – Martes 15 de Novembro de 16:30 a 20:30.

 

  • Concello de Carballedo (Praza V.Portomeñe 1. A Barrela) – Mércores 23 de Novembro de 16:30 a 20:30.

 

 

Formación Sobre a Enfermidade de Alzheimer (Chantada e Carballedo)
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar