Dende CEAFA (Confederación Española de Alzhéimer) desenvolverase un proxecto de información e sensibilización sobre a enfermidade do Alzhéimer no medio rural. Este proxecto levarase a cabo grazas á colaboración de Laboratorios CINFA, proporcionando información e formación sobre a enfermidade do Alzhéimer no medio rural. Afachantada tamén participará neste proxecto aportando unha profesional neuropsicóloga que será a encargada de realizar as formacións.

O proxecto persegue os seguintes obxectivos:

  1. Realizar unha exposición sobre a enfermidade do Alzhéimer ás familias que acudan á sesión.
  2. Facilitar a información sobre os recursos e servizos dispoñibles na provincia.
  3. Iniciar relacións e establecer futuras colaboracións entre os concellos e as asociacións.

Os temas a tratar nestas sesións serán os seguintes:

  1. A enfermidade do Alzhéimer.
  2. A persoa enferma de Alzhéimer.
  3. O/a coidador/a principal e a familia.
  4. Recursos legais e sociosanitarios.
  5. Hábitos de vida saudable e factores de risco.

As primerias sesións serán desenvoltas en:

  • CENTRO CÍVICO DE MONFORTE DE LEMOS – 08/11/2022 (Pº Malecón 26, Monforte de Lemos de 16:30h a 20:30h).
  • SALÓN DE CONFERENCIAS DA CASA DA CULTURA DE TABOADA – 09/11/2022 (Avda. de Lugo Nº, 57-59. Taboada de 16:30h a 20:30h.

 

 

Formación sobre a Enfermidade de Alzhéimer (Monforte – Taboada)
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar